Cabana dá a benvida ao verán cun amplo programa de actividades lúdicas e deportivas

Nenos xogando na praia_PIXABAY

  • Do 17 ao 26 de xullo o albergue xuvenil acollerá o campamento de aventuras que promove a Xunta de Galicia

O Concello de Cabana presentou unha ampla oferta de actividades xuvenís de cara ao verán. Durante os meses de xullo e agosto desenvolverase o I Campus de verán ‘Deportes de Praia’, ademais dunha nova edición do tradicional Meniñeiro.

Este primeiro campamento municipal está destinado para mozas de entre 10 e 16 anos e inclúe a práctica de rugby, fútbol, balonmán, sendeirismo ou kaiak. Terá lugar na praia do Pendón e nas instalacións do polideportivo municipal entre o 5 e o 30 de xullo, de luns a venres.

O prazo de preinscrición estará aberto desde este martes ata o 30 de xuño e os participantes deberán anotarse a través dun formulario que se atopa na web municipal. O prezo é de 10 euros por persoa e de 5 no caso de segundo irmán e sucesivos. As persoas preinscritas recibirán a confirmación da praza e a orde de pago a partir do 1 de xullo.

Por outro lado, no Meniñeiro de verán poderán participar aqueles nenos nacidos entre o 2009 e o 2017. Organízanse catro quendas para poder chegar ó maior número de persoas posible: do 5 ó 16 de xullo; do 19 ó 30 de xullo; do 2 ó 13 de agosto e do 16 ó 27 de agosto.

Neste caso, o prazo de inscrición comeza tamén este martes pero remata o día 18. As persoas interesadas en sumarse ó programa de conciliación poderán dirixirse á casa consistorial.

Albergue xuvenil

Entre as actividades que terán lugar no municipio este verán está o campamento de aventuras da Xunta de Galicia, que este ano se desenvolverá no albergue xuvenil Alalá. Mozos de entre 9 e 18 anos terán as renovadas instalacións como base desde o 17 ata o 26 de xullo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha