Cabana dá comezo ás tarefas de sinalización do trazado da Vía Céltica

1 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños deu comezo recentemente aos labores de sinalización do trazado da Vía Céltica que transcorre polo termo municipal. A través destas tarefas as persoas que decidan realizar esta ruta xacobea poderán atopar máis facilidades ao contar con indicadores ao longo dos distintos puntos polos que discorre o seu percorrido. A Vía Céltica supón un importante impulso para a promoción turística dos municipios que atravesa, especialmente grazas ao seu recoñecemento como ruta oficial de peregrinación a Santiago, permitindo que todas as persoas que aposten por ela como ruta de peregrinación poidan obter a Compostela ao chegar á capital galega.