31
A programación cultural de outono do Concello de Cabana adéntrase no recentemente inaugurado mes de novembro cunha fin de semana na que o cine e o teatro serán os grandes protagonistas.
Logo dun exitoso ‘Roteiro máxico: As cores do Samaín’, no que participaron ao redor dun cento de persoas, a planificación cultural deixará nesta fin de semana unha dobre sesión de propostas.
O local social de Anos acollerá este sábado, 5 de novembro, unha sesión de cine de outono coa proxección do filme ‘Mi amigo Pony’, ás 21.00 horas, dirixido ao público familiar. Pola súa parte, o domingo chegará ao auditorio municipal a representación da obra ‘Ris Ras’, a cargo da compañía Baobab Teatro. Será ás 18.00 horas.