36
O Concello de Cabana deulle comezo ao novo ano co inicio de diversas actividades formativas para a súa veciñanza. Deste xeito, o local social de Canduas acolleu a primeira sesión do curso de manualidades mentres que os cursos de cociña continúan a súa programación chegando ás parroquias de Borneiro e Riobó.