O Concello de Cabana de Bergantiños reafirma a súa aposta pola oferta deportiva municipal cunha inversión superior aos 60.000 euros na renovación e mellora do ximnasio municipal. A actuación, levada a cabo por Transgalaica S.L, empresa adxudicataria, incluíron a renovación na zona peso libre, con incorporación dunha xaula, unha prensa, pesas hexagonais de diferentes pesos, discos e barras olímpicas, e varios bancos, ademais de acondicionar o chan con louseta e as paredes na zona de peso libre. A intervención incluíu tamén a renovación da maior parte das maquinas de cardio, 5 bicicletas de spinning, 3 verticais, 2 reclinables e 4 elípticas, quedando deste xeito un total de 21 estacións de cardio. Ademais, as instalacións completan a súa oferta cun circuíto hidráulico, e dúas máquinas, unha catro estacións e outra oito estacións.
30