Cabana | Día das Letras Galegas con poesía, música e poemas de Florencio Delgado Gurriarán

A Escola de Vela do Concello de Cabana de Bergantiños albergou este martes unha xornada chea de actividades co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas con actividades de diversas disciplinas culturais para todos os públicos.

O ‘concerto das letras’, a cargo da vocalista de Luar na Lubre, Irma Macías, co acompañamento instrumental de Xaquín Rama amenizou desde os primeiros compases da mañá unha xornada marcada pola súa intensa oferta cultural.

A continuación, o alumnado da escola municipal de teatro interpretou ante todas as persoas congregadas na Escola de Vela a obra ‘O parrulo e as flores’, antes de render tributo ao autor homenaxeado deste ano, Florencio Delgado Gurriarán, coa lectura dalgúns dos seus versos máis senlleiros.

Desde o goberno local destacan a importancia deste tipo iniciativas ‘para reivindicar as nosas letras e achegar as diferentes vertentes culturais á veciñanza do municipio’. ‘É un verdadeiro pracer contar con profesionais da cultura e sobre todo coa implicación de todas as persoas que fixeron posible esta fantástica xornada’’, sinalan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha