31
O Concello de Cabana de Bergantiños dinamizará a actividade de Nadal entre a súa veciñanza colaborando xunto con Dara Store na organización de dous obradoiros con formación en manualidades propias desta época e madeira ao longo do vindeiro mes de decembro.
As sesións celebraranse na Escola de Vela os días 8 e 27, ambas a partir das 16:30 horas. Ademais, todas as persoas que desexen acudir ás mesmas participarán nunha merenda en cada unha delas.
As inscricións para participar nos obradoiros poderán realizarse a través do 667 399 583