Cabana dinamiza a actividade nas parroquias a través de cursos de cociña


O Concello de Cabana dinamiza a actividade nas parroquias a través dos seus cursos de cociña. Corcoesto acolleu unha sesión formativa na que as persoas asistentes puideron iniciarse no eido da cociña ou incrementar os seus coñecementos culinarios. Os cursos, que xa se desenvolveron con anterioridade na parroquia de Canduas, están a gozar dunha gran resposta por parte da veciñanza. Desde o goberno local reafirman a súa aposta pola dinamización da actividade nas parroquias a través dunha actividade “coa que achegar coñecementos e diversión aos nosos veciños”, conclúen.