Cabana dinamiza as súas parroquias con propostas deportivas e culturais  

Concello de Cabana de Bergantiños

O Concello de Cabana presenta unha variada programación para dinamizar a actividade nas súas parroquias con propostas que inclúen obradoiros de cestería, memoria, costura, manualidades ioga e actividade física.

Ditas actividades darán comezo o vindeiro 24 de outubro e desenvolveranse nos locais sociais de Anos, Borneiro, Corcoesto, Cundíns, Riobó, O Esto, no centro de maiores de Cesullas e na sede de Íntegro, en Nantón.

As persoas interesadas en participar poderán realizar a súa preinscrición desde o 5 ao 14 de outubro chamando ao 981 754 020 ou nas dependencias da área de Servizos Sociais do Concello de Cabana. Para a participación en calquera actividade é imprescindible estar en posesión do carné municipal, cuxa obtención, renovación e pagamento poderá realizarse no momento da formalización da inscrición nas actividades.

O prezo dos abonos individuais será de 20 euros para empadroados e de 30 euros para non empadroados e as tarifas familiares serán de 36 euros (empadroados) e 45 euros (non empadroados).

As persoas maiores de 65 anos e as persoas con diversidade funcional terán un redución do 50% sobre o importe total.

CURSOS DE COCIÑA

Ademais das actividades nas parroquias, o Concello de Cabana tamén anuncia o primeiro dos seus cursos de cociña que comezará en Canduas o vindeiro 19 de outubro. As persoas interesadas poderán inscribirse do 5 ao 14 de outubro chamando ao 981 754 020 ou no departamento de Cultura do Concello de Cabana.