Cabana e Cruz Vermella poñen en marcha o programa Avós e Avoas Educadoras

1 minutes read
  • Trátase dunha iniciativa que proporciona ferramentas ás persoas maiores para facilitarlles o coidado dos netos

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Cabana, en colaboración coa Cruz Vermella de Carballo, organiza para as próximas semanas a Escola de Avós e Avoas Educadoras. Trátase dunha iniciativa que ten como obxectivo facilitar ferramentas e coñecementos a aquelas persoas maiores que teñan que coidar aos seus netos.

En total impartiranse once sesións todos os luns, de 10:30 a 12:00 horas, e abordaranse diversas cuestións: hábitos de vida saudables, problemas específicos da adolescencia, a resolución de conflitos coa rapazada, cambios que perciben no xeito de comunicación con respecto a anos atrás ou tamén a influencia das novas tecnoloxías e uso dos teléfonos móbiles e dispositivos intelixentes.

As persoas interesadas neste proxecto poderán inscribirse do 21 ao 28 deste mes. Máis información chamando ao 981 754 020.