Cabana | En marcha a campaña de roza nas pistas de titularidade municipal

1 minutes read
  • O obxectivo é avanzar nestas tarefas de cara á chegada do verán

O Concello de Cabana iniciou o mes de xuño coa campaña de roza na rede de pistas asfaltadas de titularidade municipal. A idea é «avanzar con estas tarefas nas vindeiras semanas para ter a punto de cara a tempada estival o sistema de conexión viaria urbana e interurbana», sinalan desde o consistorio.

Nestas actuacións interveñen un equipo de operarios especializados e un equipo técnico potente, con varias máquinas desbrozadoras con brazo retráctil para simplificar e chegar aos recunchos máis difíciles.

O alcalde de Cabana, José Muíño, comentou que “é tremendamente importante contar cun sistema de rede viaria adecentado e sobre todo de cara ao verán, onde recibimos a moitos visitantes pero nunhas estradas polas que ademais circula toda a veciñanza de Cabana”.