Cabana espera poder celebrar este xoves a súa ‘Ruta das Estrelas’


Estaba previsto celebrala este martes 16 de agosto, pero debido ás previsións de condicións climatolóxicas adversas tivo que ser aprazada. Trátase dun evento enmarcado na programación de verán do Concello de Cabana de Bergantiños que trae consigo unha das actividades máis agardadas, coa participación do catedrático en física Jorge Mira.

O evento terá lugar o vindeiro xoves, 18 de agosto, a partir das 22.00 horas, tendo como punto de saída o Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. Durante a actividade as persoas asistentes poderán contemplar os ceos nocturnos desde o Castro de Borneiro.

Non é necesaria inscrición previa e recoméndase levar roupa e calzado de abrigo, así como lanterna.