Cabana | Executadas as tarefas de acondicionamento da praia de Rebordelo

Ayuntamiento de Cabana

  • Os operarios limparon e prepararon o areal para que os usuarios gocen do recinto en óptimas condicións

O Concello de Cabana de Bergantiños executou nos últimos días traballos de acondicionamento na praia de Rebordelo, en Canduas, con motivo da época estival. Entre as tarefas que se realizaron destacan a retirada de residuos e vexetación, así como unha limpeza xeral da zona. Do mesmo xeito, dispúxose maquinaria para repoñer e redistribuír a area de xeito homoxéneo.

O obxectivo desta intervención é manter nas mellores condicións posibles os recintos públicos ante a chegada de visitantes. O Concello continuará con estes traballos de mellora para que «tanto a veciñanza como os turistas encontren Cabana tal e como é: un lugar para visitar e tamén para quedarse».