Luz verde ao proxecto de rehabilitación do local social do Esto logo de que a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes confirmase a concesión dunha axuda por valor de 34.995,93 euros ao Concello de Cabana de Bergantiños para proceder á reparación do edificio.
A actuación, valorada nun total de 49.993,33 euros, permitirá o acondicionamento dunha instalación que na actualidade non presenta as mellores condicións para o desenvolvemento das actividades que alberga.
A intervención consistirá en reformar acabados; pavimentos; revestimentos e carpinterías, e instalacións, tanto a fontanería como a instalación fotovoltaica, conservando a distribución existente na súa totalidade, para finalmente cubrir con tella do país a cuberta do edificio, a cal na actualidade é de placas de fibrocemento.
Ditos traballos terán un prazo de execución estimado de tres meses a partir do comezo dos mesmos.