O Concello de Cabana celebrou na tarde deste sábado o seu particular Samaín a través dunha nova edición do ‘Roteiro máxico: As Cores do Samaín’.
A xornada deu comezo desde o Dolmen de Dombate, cando as persoas participantes na actividade deron comezo ao roteiro saíndo disfrazados e portando candís do centro arqueolóxico para percorrer unha andaina que tivo no Castro de Borneiro o seu punto de finalización.
A música do grupo cabanés O Son do Castro e a animación teatralizada a cargo de Os Quinquilláns puxéronlle o punto de troula a unha xornada na que as persoas asistentes tamén puideron degustar castañas asadas.
Con esta actividade o Concello de Cabana avanza na súa programación cultural de outono conmemorando o que definen como “unha das tradicións con máis arraigo na nosa comunidade”.