Cabana | Finalizada a campaña de trampeo contra a velutina con case 16.000 raíñas capturadas

Nido de avispa velutina

A campaña de trampeo contra a avespa velutina do Concello de Cabana remata con case 16.000 raíñas capturadas de marzo a maio. En concreto capturáronse 15.756, alcanzando a cifra máis alta no mes de maio, con 5.776 insectos.

Desde o goberno local valoraron «moi positivamente os datos colleitados» nunha campaña na que se distribuíron 150 trampas entre a veciñanza para terreos privados, mentres que unhas 80 foron colocadas en distintas localizacións do termo municipal como o entorno do CPI As Revoltas, parques públicos e sendas peonís.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha