- Cada usuario da biblioteca María Baña poderá dispoñer dunha obra por persoa e por día.
A biblioteca municipal María Baña do concello de Cabana repite iniciativa e este mes de abril agasallará lectura en conmemoración dos días do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e do Libro (23 de abril).
As obras situaranse nun caixón na entrada das instalacións. Cada usuario poderá dispoñer dun libro por persoa e por día ao longo de todo o mes. Segundo explican desde o centro, esta actividade busca «dinamizar o uso e o acceso á cultura por parte de toda a veciñanza».
A biblioteca María Baña iniciou no mes de abril de 2011 unha serie de accións especiais coas que impulsar a lectura e motivar o uso dos libros das dependencias municipais. A participación e colaboración nas mesmas por parte das persoas usuarias fai posible que estas iniciativas se retomen ano tras ano.