Cabana honra a San Fins facendo resoar o ‘Berro Seco’

As dianas e alboradas racharon desde primeira hora da mañá o imperioso silencio do abrente cabanés para anunciar a chegada dun dos días máis agardados do ano; a celebración de San Fins do Castro.

A xornada deu comezo desde os primeiros compases matinais coa homilía inicial e o posterior acompañamento musical a cargo da agrupación local O Son do Castro. A misa solemne, cantada por conta da Coral de Cesullas, puxo a antesala aos actos centrais da xornada, o Berro Seco e o Santo da Pólvora.

A sesión vermú coa orquestra “Los Españoles” e a actuación da banda de música Eduardo Pondal, encargada de interpretar o himno a San Fins, despediron a troula matinal antes de dar comezo ás tradicionais merendas, acompañadas cos sons de Os Farrapos e Os Enxebres.

As orquestras New York e Satélites foron as responsables de bañar a verbena nocturna cos seus variados ritmos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha