O Concello de Cabana de Bergantiños únese aos máis de 500 concellos que contan co servizo ‘Liña Verde’ a nivel nacional. A través desta canle de comunicación directa, a veciñanza pode comunicar ao Concello calquera avaría que detecte na súa localidade. Deste xeito pretende coñecer as necesidades do municipio e así poder dar solucións aos problemas comunicados.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario descargar a app Línea Verde. Para iso, o usuario accede a Google Play ou a APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu móbil (Android/iOS). Unha vez localizado, a descarga realízase gratuitamente. A partir dese momento, o usuario selecciona o concello sobre o que quere denunciar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar una incidencia, só se ten que premer o botón “Nova Incidencia”. Na pantalla aparece un menú despregable cos distintos tipos de incidencias. O usuario selecciona aquel sobre o que desexa comunicar. A APP detecta automáticamente as coordenadas exactas onde se atopa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e a observación sobre ela. Todo o que queda é premer o botón de enviar.
Unha vez enviado, o persoal do Concello recibe a notificación do defecto comunicado. A partir deste momento inícianse os trámites para solucionar a incidencia detectada. O cidadán, pola súa banda, recibe unha notificación no seu teléfono móbil sempre que se produce un cambio no seu estado.
Outra das posibilidades que ofrece esta ferramenta é o envío de comunicacións informativas por parte do Concello aos cidadáns que o desexen. Deste xeito, ademais de implantar unha canle para resolver incidencias de mantemento no municipio, tamén podemos enviar información de servizo público que se considere oportuna, como un corte de tráfico nunha rúa, o horario de determinados espectáculos municipais, ou o corte de auga ou luz que se pode producir en calquera punto. Tamén poden consultar os principais puntos de interese situados no municipio e información relevante sobre o mesmo.
O Concello de Cabana de Bergantiños anima aos veciños e veciñas da súa localidade a utilizar o servizo de ‘Liña Verde’. Mediante a posta en marcha deste servizo e grazas a unha importante participación cidadá, preténdese conseguir un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social da veciñanza.