Cabana inaugura o ‘Meniñeiro’, o programa de conciliación que se celebrará durante o mes de xullo

1 minutes read
  • Participarán un total de 90 rapaces e terá lugar na Casa do Pendón, no polideportivo municipal e na Casa da Cultura

O Concello de Cabana inaugurou este luns o programa de conciliación de verán ‘Meniñeiro’, que se celebrará durante todo o mes de xullo. Participarán un total de 90 rapazas e rapaces, en grupos burbulla de 10 persoas para cumplir as recomendacións sanitarias.

Desenvolverase en tres espazos diferentes: na Casa do Pendón, no polideportivo municipal e na Casa da Cultura. A rapazada poderá practicar diferentes deportes de praia, coñecer de primeira man o patrimonio natural cabanés ou participar en diversas propostas culturais. Trátase dunha actividade subvencionada pola Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia.

O alcalde de Cabana, José Muíño, quixo destacar «o enorme abano de posibilidades que lle ofrece o Concello á xuventude cabanesa, e que son posibles grazas á mellora na situación sanitaria e ó esforzo de toda a veciñanza».

Pola súa banda, a coordinadora dos campamentos, María Vázquez, destacou que «o que se busca con esta actividade é que as nenas e nenos se relacionen entre sí, que xogan e que sexan felices».