Cabana informa que é necesario pedir permiso para as cachelas de San Xoán e San Pedro

0 minutes read

Achéganse San Xoán e San Pedro e desde o Concello de Cabana de Bergantiños queren informar de que as tradicionais cachelas de estarán permitidas cumprindo as medidas sanitarias correspondentes á fase da desescalada na que nos atopemos.
É necesario realizar unha solicitude na que se recolla a data e lugar da cachela e presentala no Concello, xa sexa de xeito presencial con cita previa ou a través da sede electrónica: sede.cabana.gal.