O Concello de Cabana de Bergantiños anuncia que busca noivos e noivas para o regreso da celebración das ‘Prevodas Medievais’ de Riobó, un dos eventos máis singulares da contorna. O evento, celebrará o vindeiro 5 de agosto a súa décimo cuarta edición logo do seu concorrido regreso o ano pasado tras a pandemia, suporá unha nova viaxe á Idade Media para a conmemoración duns convites nupciais en semellanza aos acontecidos nesta época.
Os enlaces contraídos nesta xornada, integrada na tradicional celebración da ‘Tarde – Noite no Medievo’, non terán ningunha validez a efecto oficial, senón oficioso. Precisamente por este motivo, as persoas que decidan darse o ‘Sí quero’ deberán acudir ataviadas acordes á estética medieval, con traxes de labregos, embelecidos con coroas e ramos de flores silvestres ou demais elementos ornamentais desta índole.
INSCRICIÓNS
As parellas que desexen participar na actividade xa poden realizar a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños, ou ben chamando ao 981 754 020 ou ao 626 907 363.