Cabana inicia a súa programación cultural de verán con visitas guiadas teatro e cine

Imagen de archivo del Dolmen de Dombate

O Concello de Cabana de Bergantiños inicia a súa ampla programación cultural de verán este venres con dúas propostas dirixidas a públicos de todas as idades.

A primeira delas será o espectáculo Superheroe, a cargo de Fran Rei, unha divertida aventura cómica pensada para o público familiar, que encherá de risas a praza do Pendón a partir das 20:00 horas. Xa pola noite, ás 23:00 horas, dará comezo o ciclo de visitas guiadas nocturnas polo Dolmen de Dombate, unha oportunidade única para descubrir os segredos da catedral do megalitismo baixo a luz das estrelas.

O sábado, 5 de xullo, será a quenda das visitas teatralizadas ao Dolmen de Dombate, nas que Os Quinquilláns guiarán aos asistentes nunha viaxe ao pasado en dous pases matutinos, ás 11:30 e ás 13:00 horas.

A programación cultural da fin de semana pecharase o domingo coa proxección da película Momias, unha longametraxe de animación que narra as aventuras dos seus protagonistas no Antigo Exipto. A cita será ás 22:15 horas na praza de Neaño.

Related posts

Detectada dunha vertedura ilegal de lixo nunha pista forestal da parroquia de Soandres, na Laracha

Carballo e Coristanco repiten modelo de colaboración coa solicitude do segundo Obradoiro Lubiáns

O Concello de Zas aproba a RPT e impulsa a remodelación da Praza do Campo