Cabana | Íntegro celebra este sábado a súa asemblea xeral

1 minutes read
  • Será no centro de recursos de Nantón a partir das 16.00 horas

A asociación Íntegro, con sede en Nantón (Cabana) celebrará este sábado a súa asemblea xeral ordinaria á que están convocados todos os socios da entidade. A xuntanza terá lugar no centro de recursos de Nantón e haberá dúas convocatorias: unhas ás 16.00 horas e outra media hora máis tarde.

Entre outros temas farase un repaso das actividades levadas a cabo durante o 2021 e o estado de contas, ademais das iniciativas para este ano e o orzamento dispoñible. Tamén se abordará a situación económica do Centro Especial de Emprego +Porvir Xestión Social. Ao remate da reunión haberá un aperitivo.

Desde a entidade sinalan que será obrigatorio asistir con máscara.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?