Cabana lembrará este xoves o legado de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro_Cultura.gal

O Concello de Cabana de Bergantiños programa para este xoves, 22 de febreiro, unha xornada coa que conmemorar o Día de Rosalía de Castro, unha das autoras máis sobranceiras da cultura galega.

Para homenaxear a súa figura, o Concello celebrará desde as 11.30 horas na Escola de Vela unha serie de actividades ao redor do legado da poeta que dará comezo coa elaboración do Caldo de Gloria sobre o que a propia Rosalía versaba nos seus poemas.

A continuación levarase a cabo unha lectura dos seus versos por conta de Matilde Vilariño, membros da xunta local da AECC, a Asociación Íntegro e a escola municipal de teatro e Son de Cabana.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha