O Concello de Cabana de Bergantiños desenvolverá desde o vindeiro martes, día 20 de febreiro, e ata o 20 de maio a súa campaña municipal de loita contra a vespa velutina.
Coa finalidade de capturar as raíñas desta especie, o goberno local porá a disposición de veciñanza un total de 100 trampas co seu respectivo líquido atraínte, que este ano será distribuído en bolsas. Para poder solicitar ditos dispositivos a veciñanza deberá realizar unha solicitude ben a través da páxina web do concello ou mediante as oficinas xerais.
Plugiber será a empresa responsable da colocación dos dispositivos en diferentes enclaves públicos da localidade, entre os que se inclúen; parques; o paseo marítimo; ou a contorna de parques e centros de ensino, entre outros. Todas estas trampas estarán xeolocalizadas a través dunha aplicación móbil.
Unha vez que a campaña dea remate as trampas deberán ser devoltas no concello, e será obrigatorio notificar cunha periodicidade de 15 días do número de raíñas capturadas.