O Concello de Cabana vén de rematar unha importante actuación de mellora no pavillón municipal co obxectivo de facer un uso máis eficiente da enerxía e reducir o consumo eléctrico, melloando tamén o confort das persoas usuarias das instalacións.
Por unha banda, substituíronse 28 luminarias antigas da pista deportiva por novas lámpadas LED, que ofrecen a mesma intensidade de luz pero cun consumo moito menor. O cambio supón pasar de 400W a só 150W en cada punto de luz, o que se traduce nun aforro enerxético moi significativo en todas as actividades deportivas e culturais que se desenvolven diariamente no recinto.
Ademais, na sala de usos múltiples instalouse unha bomba de calor de última xeración. Este novo sistema permite dispoñer de refrixeración no verán, algo moi necesario para o desenvolvemento das actividades culturais e de ximnasia durante os meses máis calorosos.
Con estas intervención o Concello reducirá o consumo enerxético nun tercio do gasto actual pasando dun consumo de 9.198 Kw a un de 9.198, o que se traduce nun aforro do 62,5%.
Con estas melloras, o Concello de Cabana de Bergantiños dá un paso máis no seu compromiso coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade, ao tempo que ofrece á veciñanza unhas instalacións máis modernas e preparadas para un uso intensivo durante todo o ano.