41
- O obxectivo é implantar formas de desprazamento que fagan compatibles o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente
O Concello de Cabana convida á veciñanza a participar activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), cuxo principal obxectivo é implantar formas de desprazamento que fagan compatibles o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente para «garantir unha mellor calidade de vida», sinalan desde a Alcaldía.
O goberno local pon a disposición daquelas persoas que desexen «ser partícipes dun Concello de Cabana máis amable co medio» esta enquisa, e agradecen á veciñanza que se involucre en algo que «marcará o devir do noso modo de desprazarnos para contribuír á disminución da pegada de carbono no planeta».