Cabana | O concurso ‘Crea un meco’ xa ten gañadoras

0 minutes read
  • O certame, organizado polo Concello, celebra este ano a súa segunda edición

O Concello de Cabana deu a coñecer este sábado os gañadores do concurso ‘Crea un meco’, que neste 2022 cumpriu a súa segunda edición. As premiadas foron Noly Senando, co seu ‘meco día de pesca’, e María del Pilar Mariño Cundíns, cos seus espantallos ‘Garzulo e Ribeiriña’. Ambas recibirán ao longo da semana que vén unha tablet como premio.