Cabana organiza a quinta edición do seu Campus Deportivo

1 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños organiza este verán a que será a quinta edición do seu Campus Deportivo. A iniciativa está dirixida a nenas e nenos nados entre os anos 2009 e 2017, ambos incluídos, e desenvolverase entre o 1 e o 31 de xullo de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas. Entre as actividades que inclúe están volei, fútbol, balonmán, rugby, gimcanas, break out, kaiak e xogos musicais e de auga, entre outras.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 13 ata o 20 de xuño ata as 14:00 horas. O prezo será de 30 euros por cada participante e as persoas que precisen maior información poderán pedila de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 contactando co 672 15 59 14.