43
O Concello de Cabana de Bergantiños puxo punto e final este venres á presente edición do programa ‘Meniñeiro de Verán’, promovido polo departamento de Servizos Sociais.
Un total de 95 nenos e nenas puideron participar ao longo dos dous meses que se mantivo en vigor a iniciativa. Durante as catro quendas, quincenais, a rapazada puido gozar de diferentes actividades deportivas, lúdicas e culturais en espazos como a praia do Pendón, o paseo marítimo ou en diferentes inmobles municipais.
Desde o goberno local constatan a súa satisfacción “porque os máis cativos e cativas poidan gozar durante os meses de verán ao mesmo tempo que se lle ofrece ás súas familias unha opción que lles facilite a conciliación nestas datas”.