Cabana poderá celebrar a súa festa da terceira idade o 4 de maio

A Xunta Electoral de Zona de Carballo desestima a denuncia presentada por Unidos por Cabana, contra a celebración da XXI Xuntaza da terceira idade o sábado 4 de maio, no pavillón polideportivo municipal de Cabana de Bergantiños.

A resolución do órgano xudicial informa favorablemente sobre a celebración, xa que “al tratarse de una fiesta popular que se celebra de una forma regular y periódica según acredita el concello” e non ter un carácter electoral, posto que non consta que “en las intervenciones se contengan alusiones a las realizaciones o logros de las autoridades intervinientes, no se puede considerar incluida en la prohibición en el artículo 50.3 de la LOREG” e, polo tanto “no existe causa electoral para denegar su celebración”.

Dende o Concello fan un chamamento aos veciños e veciñas a participar nesta festa. Como nas outras ocasións, e coa intención de que os maiores desfruten dunha gran festa, todos os participantes maiores de 65 anos gozarán dun día de celebración onde non faltará a comida e a música.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha