- O evento, que se realizará do 5 ao 31 de xullo, vai destinado á rapaces de entre 10 e 16 anos
O Concello de Cabana comezou as tarefas de adecentamento e limpeza da praia do Pendón de cara a celebración do primeiro campus de verán ‘Deportes de praia’, evento que se celebrará do 5 ao 31 de xullo e que está destinado á rapazada de entre 10 e 16 anos.
As actividades serán variadas, destacando o fútbol, balonmán, voleibol, xincanas, búsquedas do tesouro ou xogos de auga entre outros. Se o tempo non o permite, trasladaranse ao polideportivo municipal.
As prazas serán limitadas e as inscricións poderán formalizarse do 15 ao 30 de xuño. O formulario para anotarse pódese solicitar no Concello.
CACHELAS DE SAN XOÁN
Desde o executivo local informan de que este ano, para facer as lumaradas de San Xoán e San Pedro (23 e 28 de xuño, respectivamente), será necesario presentar nas oficinas municipais unha declaración responsable. Para a cachela de San Xoán o prazo vai do 14 ao 21 de xuño, ambos incluídos, e para a de San Pedro estenderase ata o 23 de xuño, tamén incluído.
Quedan prohibidas as cachelas en zonas de dominio público e, en todo caso, deberán de adoptarse as medidas sanitarias e de prevención pertinentes.