Cabana prepárase para recibir aos Reis Magos durante os días 4 e 5

Cedida

  • As Súas Maxestades realizarán unha parada no pavillón municipal o día 5 a partir das 19:00 horas

Os Reis Magos de Oriente programaron un percorrido polas parroquias de Cabana de Bergantiños durante os días 4 e 5, realizando esta última xornada unha parada no pavillón municipal a partir das 19:00 horas. Neste caso a rapazada poderá acceder ao recinto desde as 16:45 horas, onde desfrutarán de inchables e outras sorpresas.

5 de xaneiro

• 15:15 h. Igrexa de Cundíns
• 16:00 h. Igrexa de Nantón (Belén Vivente)
• 16:50 h. Taberna da Mata (Riobó)
• 17:25 h. Igrexa de Corcoesto
• 18:00 h. Silvarredonda
• 18:30 h. Taberne de Beres (O Esto)

6 de xaneiro

• 11:00 h. Igrexa de Borneiro (Belén Vivente)
• 11.45 h. Igrexa de Canduas (Belén Vivente)
• 12:30 h. Praza de Neaño
• 12:45 h. Igrexa de Cesullas (Belén Vivente)
• 13:45 h. Taberna de Anos

O aforo para acceder ao pavillón estará limitado, polo que as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza os días 3 e 4 de xaneiro, en horario de 8:00 a 15:00 horas, e o 5 de xaneiro, ata as 12:00 horas, chamando ao 981 754 020. Será obrigatorio presentar o certificado covid.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha