Cabana presenta o seu programa de actividades deportivas e obradoiros de memoria

1 minutes read
  • A programación comezará o mércores, 13 de outubro, e realizarase en diferentes horarios e días á semana por parroquia

O Concello de Cabana deu a coñecer esta semana a súa programación de actividades culturais, deportivas e obradoiros de memoria destinadas a toda a veciñanza para que teñan unha «opción de lecer saudable e accesible», sinalan desde o consistorio.

A programación arrincará o próximo mércores, 13 de outubro, e realizarase en diferentes parroquias: nos locais sociais de Anós, Borneiro, Corcoesto, Cundíns e Riobó; ademais de no centro de maiores de Cesullas e no centro de recursos Íntegro de Nantón.

Entre as actividades que se ofertan están cursos de ximnasia de mantemento e obradoiros de memoria destinados a persoas de máis de 55 anos. Tamén se impartirán clases de ioga e pilates a partir de 18 anos.

As inscricións poderán realizarse nas oficinas municipais desde o luns 4 ata o venres 8 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas. Para máis información, horarios e prazas habilitadas está dispoñible o teléfono 981 754 020.