Cabana presenta un programa deportivo para o mes de xuño

1 minutes read
  • Para participar nas actividades, nas que haberá estritas medidas sanitarias, é indispensable posuír o carné municipal

O Concello de Cabana presentou o programa deportivo para o mes de xuño, no que para poder participar é requisito indispensable posuír o carné municipal. «Estará organizado baixo estritas medidas sanitarias e grupos reducidos de máximo 10 persoas», sinalan desde o Goberno local. Será obrigatorio o uso da máscara sanitaria.

As actividades comezarán o 1 de xuño e o prazo para inscribirse irá desde o 26 ao 28 de maio (ambos inclusive). Terán prioridade aquelas personas que xa se inscribiran con anterioridade. Para confirmar se hai prazas libres será necesario mandar unha mensaxe de Whatsapp ao 653133144.

Entre as actividades que se realizarán atópanse a ximnasia terapéutica e de mantemento, aeróbic, zumba, step ou pilates.