46
O Concello de Cabana de Bergantiños vén de anunciar o seu ‘Verán Cultural 2023’, a programación de actividades de ocio, música e as visitas guiadas ao Dolmen de Dombate, que terán lugar durante os meses de xullo e agosto.
Este sábado, 1 de xullo, ábrese a programación estival coa “Visita teatralizada en Dombate”, no tempo das pedras cos Quinquilláns. Será no Dolmen de Dombate e haberá dúas sesións, a primeira ás 18 h e a segunda ás 19:30 h. Esta actividade realizarase outras tres veces durante o verán, programadas para o 15 de xullo, o sábado 12 de agosto e o sábado 26 de agosto.
O domingo 2 será a quenda para o cine de verán ao aire libre coa película “Spirit: indomable”, na Praza de Neaño ás 21 h.
Programa Completo: