O Concello de Cabana de Bergantiños anuncia que busca noivos e noivas para o regreso da celebración das ‘Prevodas Medievais’ que se celebrará no marco da ‘Tarde Noite no Medievo’, o vindeiro 9 de agosto.
Os enlaces contraídos durante a décimo sexta edición da festa non terán ningunha validez a efecto oficial, senón oficioso. Precisamente por este motivo, as persoas que decidan darse o ‘Sí quero’ deberán acudir ataviadas acordes á estética medieval, con traxes de labregos, embelecidos con coroas e ramos de flores silvestres ou demais elementos ornamentais desta índole.
INSCRICIÓNS
As parellas que desexen contraer enlace xa poden anotarse no departamento de Cultura do Concello de Cabana de Bergantiños, ou ben chamando ao 981 754 020 ou ao 626 907 363.