Cabana programa a ‘Ruta das Estrelas’, guiada polo físico Jorge Mira

Cedida.

O Concello de Cabana acollerá este vindeiro venres, 11 de agosto, a ‘Ruta das Estrelas’, unha actividade de contemplación astronómica guiada polo físico Jorge Mira.

A actividade dará comezo ás 22:00 horas coa saída desde o centro arqueolóxico Dolmen de Dombate  e as persoas asistentes realizarán un percorrido a pé, para o cal ser recomenda levar roupa de abrigo e lanterna, ata o Castro de Borneiro, onde se realizará unha observación dos distintos corpos celestes.

Desde o Concello, convidan á veciñanza a “asistir a un evento no que non soamente se promove o coñecemento dos nosos ceos nocturnos se non que tamén ofrece unha alternativa de ocio saudable”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha