Cabana programa unha viaxe a Ferrol con motivo da conmemoración do Día da Muller

1 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños abriu o prazo de inscrición para anotarse na viaxe organizada polo departamento de Servizos Sociais a Ferrol o vindeiro 8 de marzo.

A viaxe, programada con motivo da conmemoración do Día da Muller, terá como punto de saída a Casa da Cultura, ás 08:00 horas. Unha vez en Ferrol, farase un almorzo e un percorrido guiado polos barrios históricos da cidade, visitando os puntos e monumentos principais nos que afondará na historia vencellada ás mulleres, famosas ou anónimas, ferrolás ou visitantes que forman parte da tradición e da vida cotiá. O regreso a Cabana está previsto para as 15:00 horas.

As mulleres interesadas en participar poderán realizar a súa inscrición ata o venres, 23 de febreiro, chamando ao 981 754 020.