Cabana promove a conciliación en Semana Santa cunha nova edición do Meniñeiro


O Concello de Cabana facilitará a conciliación familiar durante as vacacións de semana santa a través da organización do Meniñeiro Semana Santa 2023. O programa, dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria, incluirá actividades lúdicas e deportivas que se desenvolverán os días 3, 4 e 5 de abril en horario de 10.00 a 14.00 horas na Casa da Cultura. O período para a presentación de solicitudes estará  en vigor dende o 20 ata o 24 de marzo, e as persoas interesadas poderán realizar dito trámite na sede electrónica municipal, preferentemente, ou de xeito presencial na Casa do Concello.