O Concello de Cabana aposta polo envellecemento activo programando unha viaxe á comunidade autónoma de Asturias para a súa veciñanza maior de sesenta anos. Na excursión, promovida desde a área de Servizos Sociais, participaron máis de medio cento de persoas. As persoas asistentes puideron gozar dalgúns dos enclaves máis sinalados de Asturias como o pobo costeiro de Cudillero, a cidade de Xixón, na que se achegaron ata a escultura do Elogio del Horizonte ou á Universidade Laboral, a basílica e os Lagos de Covadonga ou o municipio de Cangas de Onís. Desde o goberno local celebran poder levar a cabo este tipo de iniciativas e móstranse satisfeitos pola gran resposta obtida por parte da veciñanza.
Cabana promove o envellecemento activo cunha viaxe a Asturias para maiores de 60 anos
Cedida.