Cabana proxecta melloras nos camiños municipais con acceso a parcelas agrícolas

Acceso a Barcia_Cedida

  • Os traballos executaranse en base ás axudas aprobadas no Plan Marco, cun orzamento de 52.228 euros.

O Concello de Cabana proxecta a mellora de camiños municipais con acceso a parcelas agrícolas a través de varias actuacións que comprenden a ampliación, mellora e mantemento dos mesmos. Os traballos executaranse en base ás axudas aprobadas no Plan Marco, cun orzamento de 52.228 euros. En total, actuarase en máis de dous quilómetros e medio de viais.

A actividade gandeira do municipio fai que boa parte dos camiños sexan empregados por maquinaria agrícola de todo tipo que, polo seu peso e dimensións, provocan danos nas mesmas. Isto, unido ás condicións meteorolóxicas adversas, fai erosionar o firme e produce importantes danos. Por este motivo intervirase nos tramos dos lugares de Río Esmorisa á Barcia; de Baneira cara A Braña e de Baneira á Regoseco.

O alcalde, José Muíño, sinala que “estas intervencións, ademais dunha mellora das vías e camiños municipais, tamén suporán un incremento na seguridade, algo que é prioritario para nós”.