0
O Concello de Cabana de Bergantiños puxo punto e final ao programa “Encontros de avós e avoas educadores/as”. A actividade foi realizada en colaboración coa Cruz Vermella de Carballo co obxectivo de facilitarlle ferramentas e coñecementos a aquelas persoas que teñen ao seu cargo o coidado dos seus netos e das súas netas, para que deste xeito poidan afrontar dunha mellor forma este reto.