Cabana recibirá case 900.000 € do IDAE para melloras en eficiencia enerxética

3 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños vén de recibir a concesión definitiva dunha subvención de 891.999,44 euros, enmarcada no programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, co fin de realizar numerosas actuacións de mellora enerxética nas instalacións públicas municipais e na frota de vehículos coa finalidade de reducir o consumo enerxético xerando unha comunidade enerxética na Carballa.

O alcalde, José Muíño, celebrou a concesión definitiva desta axuda “que consolidará o municipio á vangarda da bisbarra na aposta polas enerxías renovables, o que permitirá poñer en marcha unha comunidade de enerxía limpa sustentada no autoabastecemento e o emprego de fontes renovables”, dixo.

Nesta liña, o rexedor tamén lembrou que estas actuacións que financiará o IDAE servirán para dar cumprimento a varios obxectivos estratéxicos do mandato, facendo de Cabana un municipio sostible, adaptado ás demandas do presente e que estea preparado para afrontar os requirimentos do futuro”.

 PROXECTO

A través desta subvención concedida agora de xeito definitivo polo IDAE levarase a cabo un programa estruturado recollido no programa DUS 5000: A  rehabilitación enerxética da piscina municipal a través da renovación da unidade de tratamento de aire e das luminarias existentes por tecnoloxía LED. Tamén se substituirá a caldeira de gasóleo existente que proporciona la enerxía térmica para subministrar auga quente na piscina municipal por una bomba de calor de aerotermia de 49,7 kW para a piscina e 4 bombas de calor de aerotermia de 1,75 kW cada unha para os vestiarios. A través destas dúas medidas, as emisións de CO2 reduciranse de 68,6 kg de CO2/m2 a 37,70 kg de CO2/m2, pasando así dunha cualificación enerxética de D a B.

Por outra banda, a execución de catro instalacións solares fotovoltaicas con de autoconsumo colectivo sen excedentes no polideportivo municipal, cunha potencia de 99,735 kW e unha produción anual estimada de 116.960,25 kWh. ademais dun sistema de acumulación con capacidade de almacenamento de 196,80 kWh. Tamén se instalará unha no centro de saúde, cunha potencia eléctrica de 40,33 kW e unha produción anual estimada de 53.397,85 kWh. cun sistema de acumulación con capacidade de 73,80 kWh. Pola súa parte , na casa do concello, a futura instalación terá unha potencia de 19,62 kW cunha produción anual estimada de 17.635,61 kWh. e un sistema de acumulación de 32,80 kWh. Finalmente, a instalación da casa da cultura  terá unha potencia de 22,89 kW e unha produción anual estimada de 20.594,54 kWh cun sistema de almacenamento de 41,00 kWh. Todas estas instalacións alimentarán conxuntamente aos edificios públicos municipais independentemente de se algúns deles contan con elas ou non como é o caso do CPI As Revoltas.

A medida restante consistirá na substitución dun vehículo da flota municipal por un novo eléctrico co seu correspondente punto de recarga con sistema modo 3 de 7,4 kW, permitindo estas actuacións rebaixar o consumo de enerxía anual de 4.996 kWh a 873 kWh.