Cabana remata as obras de mellora na cuberta do polideportivo

O Concello de Cabana deulle remate aos traballos realizados na cuberta do polideportivo municipal, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética da sala de usos múltiples.
A intervención consistiu na instalación dunha nova capa na cuberta, composta por chapa metálica e dez centímetros de la mineral para optimizar o illamento térmico. Ademais, executáronse traballos de remate nas cumieiras para garantir unha estanqueidade total, minimizando así as perdas de calor.
Grazas a esta actuación, a demanda de calefacción reducirase nun 19,16%, mentres que a demanda de refrixeración diminuirá ata nun 91,04%, o que suporá un notable aforro enerxético e un aproveitamento térmico máis eficiente.
Esta mellora reforza o compromiso do goberno local co aforro enerxético e coa sustentabilidade, complementándose coa recente instalación dunha bomba de calor de última xeración na sala de usos múltiples e coa renovación de 28 luminarias por novas lámpadas LED no pavillón.

Related posts

Unha agrupación industrial do motor planea instalarse no polígono da Laracha, con 600 empregos

O PSdeG reclama o inicio dos trámites para adxudicar a construción do segundo tramo da autovía da Costa da Morte

Máis de 800 alumnos da Laracha desfrutaron do festival de teatro infantil en horario lectivo