Cabana | Rematada a construción da EDAR do Balado, en Neaño

Edar no Balado, Neaño_Concello de Cabana

  • As intervencións, que contaron cun orzamento de 57.000 euros, evitarán os vertidos ao río Anllóns

O Concello de Cabana concluíu esta semana as obras de construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) no lugar do Balado, en Neaño, parroquia de Cesullas. Esta infraestrutura posibilita evitar vertidos no leito do río Anllóns.

A través desta intervención, que contou cun orzamento de 56.924,88 euros financiados polo Plan Único da Deputación da Coruña, elimínase un punto de presenza de residuos procedentes dun colector da rede unitaria grazas á conexión desta coa rede de saneamento existente.

O alcalde de Cabana, José Muíño, destacou a «importancia da creación desta infraestrutura para a rede de saneamento municipal, que se suma ás melloras no depósito de Picón, en Cesullas, ou na depuradora de Lodeiro».