O Concello de Cabana de Bergantiños repartirá máis de 1300 euros en premios no seu Concurso de Comparsas 2023, para cuxa inscrición se abrirá un prazo do 13 ao 20 de febreiro en horario de 9:00 a 14:30 horas, e poderá facerse efectiva na Casa do Concello.
A cita celebrarase o vindeiro 21 de febreiro de 2023 a partir das 18:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal. Entenderase por comparsa un grupo de máscaras ou disfraces cun número mínimo de 7 persoas. No caso de comparas nas que tódolos seus membros sexan menores de idade, deberán nomear un representante maior de idade.
Si as agrupación empregarán música de acompañamento, será preciso que a faciliten no departamento de Cultura en formato .mp3 o mesmo día da inscrición. O pase de cada comparsa non poderá superar os 5 minutos de duración.
O xurado terá en conta a orixinalidade dos disfraces, a vistosidade, simpatía e posta en escena, debendo ter unha temática común en base a unha representación ou a unha actuación musical. Estará composto, en todo caso, por persoas relacionadas co mundo da cultura, educación ou gañadores de anos anteriores. A orde de participación será por rigorosa orde de inscrición.