- A iniciativa, dirixida á rapazada nada entre o 2010 e o 2018, desenvolverase en horario matutino nos meses de xullo e agosto na Casa da Cultura
Os nenos nados entre os anos 2010 e 2018 no concello de Cabana poderán gozar os próximos meses dunha ampla variedade de actividades lúdicas e educativas a través dunha nova edición do Meniñeiro Verán 2022. A iniciativa desenvolverase en catro quendas: do 4 ao 15 de xullo; do 18 ao 29 de xullo; do 2 ao 12 de agosto e do 16 ao 26 de agosto. A programación de todas elas será de 10:00 a 14:00 horas na Casa da Cultura municipal.
O prazo de presentación de solicitudes estará dispoñible entre os días 13 e 17 de xuño. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. A partir do vindeiro día 22 de xuño contactarase telefonicamente coas familias daqueles nenos que resulten admitidos.
Máis información chamando ao 981 754 020.