Cabana retomou o programa de conciliación familiar Meniñeiro durante a Semana Santa

1 minutes read
Imagen de archivo del Meniñeiro en marzo del 2021_Concello de Cabana
  • Esta iniciativa municipal, que conta coa colaboración da Xunta, iniciouse no ano 2007

O Concello de Cabana completou un novo Meniñeiro durante a época non lectiva da Semana Santa. Os días 29, 30 e 31 de marzo, nenas e nenos de entre 3 e 12 anos participaron en diferentes actividades coa igualdade como protagonista. A Casa da Cultura foi o lugar onde se desenvolveron a maior parte dos xogos e tarefas, se ben as boas condicións meteorolóxicas permitiron que a rapazada puidera gozar das mesmas ao aire libre.

O Meniñeiro é un proxecto que pretende facilitar ás familias de Cabana o coidado dos máis pequenos cando non están no colexio. A idea comezou no verán do 2007 e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

O alcalde de Cabana, José Muíño, destacou a inmediatez “coa que se completan as prazas dispoñibles en cada nova convocatoria, unha mostra innegable de que a iniciativa funciona e dá bos resultados”.